Revisión de Documentación (gl) de Lun, 07/04/2016 - 20:23
As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.
Que é trisquel?
Trisquel é unha versión totalmente libre do sistema operativo GNU/Linux. Basease en Ubuntu, pero só inclúe software libre.
Trisquel ten varias edicións, deseñadas para diferentes usos. Se ten dúbidas, utilice a edición chamada simplemente Trisquel, que se destina para uso doméstico e persoal, e inclúe unha grande cantidade de aplicacións para redes, multimedia, talleres, xogos, etc
A edición Edu está deseñada para os centros educativos, e o profesor. Permite construír unha aula dixital personalizada en cuestión de minutos.
A edición Pro é para as empresas, e inclúe software para a xestión e contabilidade.
A edición Mini é para ordenadores netbooks, redes, ordenadores antigos e outros sistemas de baixa potencia.
Versións
Temos dúas versións da distro soportadas actualmente: 4.x LTS, nome en clave Taranis e 6.0 LTS nome en clave Toutatis. Todas as versións teñen varias edicións, que difiren na selección de paquetes como se explicou anteriormente. Para entender o que significan os acrónimos STS e LTS lea isto.
Todas as edicións soportan arquitecturas de 32 e 64 bits.
Versión 6.0 LTS (Toutatis)
- Trisquel
- Trisquel Mini
- Trisquel FSF
- Trisquel i18n
- Trisquel NetInstall
Versión 4.0.1 LTS (Taranis)
- Trisquel
- Trisquel Mini
- Trisquel NetInstall
- Trisquel i18n
Obter axuda
Tamén pode axudar ó proxecto informando de erros.